martes, 24 de abril de 2012

O faro.

                                          O faro de Cabo Home




    

 Subir ata Cabo Home pode ser unha das experiencias máis asombrosas para poder gozar da riqueza da  paisaxe da ría de Vigo. Alí encóntrase o famoso faro, alto e vixiante coma se fora un maxestuoso halcón. Nos días de verán pódese ver un claro e intenso mar azul como o do Caribe. Ao caer a tarde, cando o sol empeza a ocultarse tras o horizonte o ceo tórnase de lindas e cálidas cores vermellas  e laranxas que cubren toda a ría como se foran as luces destellantes do faro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario